jueves, 28 de abril de 2011

IV XORNADAS DE SAÚDE E MENCIÑA NATURAL

Volvemos a participar nestas xornadas por terceiro ano consecutivo, vese que gustaron as ponencias anteriores, bromas aparte, hai que agradecer o traballo impecable que fan tanto o museo como Luis Alberto a hora de poñer en marcha este proxecto.

As miñas ponencias nos anos anteriores trataron sobre biorresonacia e estres e Toxicidad interior e enfermidade. Nesta ocasión o tema será Respiración e o seu papel na saúde e na enfermidade. Trataremos brebemente os conceptos fisiolóxicos de o oxíxeno como nutriente fundamental, o mecanismo respiratorio, a importancia e maneira de respirar, a influencia nas enfermidades físicas, mentales e o estado emocional; remataremos con unhos sixelos exercicios respiratorios para tomar conciencia da importancia de este mecanismo e os efectos que produce unha respiración coherente.
Confío en estar a altura dos asistentes e do resto dos ponentes que son de gran nivel.



http://www.museocasadopatron.com/
http://www.centema.com
http://www.facebook.com/centema